{"id":25688,"date":"2026-04-23T14:20:00","date_gmt":"2026-04-23T12:20:00","guid":{"rendered":"https:\/\/stadtsprachen.de\/en\/?post_type=stsp_text&#038;p=25688"},"modified":"2026-04-24T13:15:46","modified_gmt":"2026-04-24T11:15:46","slug":"a-mina-desfranquizacion","status":"publish","type":"stsp_text","link":"https:\/\/stadtsprachen.de\/en\/text\/a-mina-desfranquizacion\/","title":{"rendered":"A mi\u00f1a desfranquizaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\" style=\"font-size:16px\">Levo practicamente toda a vida desfranquiz\u00e1ndome. A mi\u00f1a primeira alerxia ao fascismo caus\u00e1ronma os calcet\u00edns de perl\u00e9. Non te\u00f1o idea de a quen se lle ocorreu a idea de facer medias de gancho con f\u00edo de algod\u00f3n. Un f\u00edo que previamente foi tratado con sosa c\u00e1ustica para que brille. Obrigar a unha criatura a levar calcet\u00edns de perl\u00e9 e zapatos de char\u00f3n relucentes \u00e9 unha das torturas que lembro dos primeiros oito anos de vida que me tocaron baixo o r\u00e9xime franquista. A quen, sen\u00f3n a unha sociedade retrograda fascista de lexionarios, crucifixos, virxes e relicarios, p\u00f3deselle ocorrer o suplicio s\u00e1dico e absurdo de vestir a unha nena con tecido mercerizado que provoca sarabullos e corta a circulaci\u00f3n sangu\u00ednea? Cando medrei o suficiente para negarme en rotundo a vestirme como obrigaban as voces \u00abdo que dir\u00e1n\u00bb,&nbsp;Franco&nbsp;por fin morreu e no colexio cat\u00f3lico ao que asist\u00eda, gobernado por monxas que seguro compart\u00edan certo ADN con algunhas das celadoras dos campos nazis, d\u00e9ronnos o d\u00eda libre.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\" style=\"font-size:16px\">En casa mam\u00e1 choraba fronte ao televisor no que mostraban un vello morto, vestido de militar, dentro dun cadaleito. De pap\u00e1 ese d\u00eda non lembro nada, s\u00f3 que todos os adultos nos deixaron en paz, e o meu irm\u00e1n pequeno e eu xogamos ao que chamabamos f\u00fatbito en acci\u00f3n, cunha pelota de tenis nun corredor largu\u00edsimo e estreit\u00edsimo, e que logo rompemos un floreiro, pero a mi\u00f1a nai non nos gritou nin nos lanzou a zapatilla e esa calma inesperada resultoume estra\u00f1\u00edsima. Esa noite durm\u00edn rezando para que oxal\u00e1 o vello da tele en branco e negro morrese todos os d\u00edas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\" style=\"font-size:16px\">Durante un par de anos continuei esperando a que un milagre pechase aquel colexio para sempre, pero as estrelas t\u00ed\u00f1anme preparada outra sorpresa. Cada 27 de novembro celebrabamos&nbsp;<strong>San Jos\u00e9 de Calasanz<\/strong>, o D\u00eda do mestre, indo \u00e1 escola pero sen ter clase \u00abnormal\u00bb. Faciamos xogos, algunhas profesoras laicas cantaban canci\u00f3ns, faciamos un teatro e xogabamos no patio de recreo inmenso de San Pedro de Visma, que ent\u00f3n era un monte. Con todo, ao ano seguinte ou dous anos despois da morte do General\u00edsimo, a nova directora, a&nbsp;<strong>Madre Nieves<\/strong>, decidiu que ese d\u00eda non haber\u00eda celebraci\u00f3n sen\u00f3n clases normais. A noticia caeunos como un xerro de auga xeada. Todas as nenas, dos 6 aos 13 anos, estabamos de p\u00e9, en fila nun dos patios interiores do colexio. Aquel edificio era enorme e agora que o penso estaba constru\u00eddo como un c\u00e1rcere, igual que a facultade de Xornalismo da Universidade Complutense onde logo estudei, que se rumoreaba tam\u00e9n fora dese\u00f1ada para ser unha prisi\u00f3n franquista. Os corredores da mi\u00f1a escola estaban cimentados para xigantes, en realidade eran plantas enteiras. As entradas das escaleiras de cada planta eran o suficientemente anchas como para que pasase un raba\u00f1o de cordeiros ou unha chea de se\u00f1ores polic\u00edas montados dacabalo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\" style=\"font-size:16px\">Cada d\u00eda \u00e1s 8:45 da ma\u00f1\u00e1 entrabamos a ese patio da segunda planta e organizab\u00e1monos por curso e grupo, seguindo \u00e1 delegada de cada clase e mant\u00e9ndonos de p\u00e9 en ringleira, para unha balconada do terceiro piso, desde onde nos observaba a directora e a s\u00faa camarilla de xenerais. A nova Madre Nieves era unha muller implacable, obsesionada coa disciplina, que sinxelamente nunca nos deixaba ir a clase ata que as duascentas nenas alcanzasen un silencio absoluto. Recordo que ti\u00f1a un chifre colgado ao pescozo como un \u00e1rbitro e amoest\u00e1banos coma se f\u00f3semos cans. Cando por fin calabamos, aburridas de estar de p\u00e9, fac\u00edanos estar as\u00ed un intre m\u00e1is longo e logo \u00eda gritando e asubiando os cursos: Primeiro A, Primeiro B, etc. E como prisioneiros iamos desfilando, soldadi\u00f1as de uniforme cristi\u00e1n, para as nosas respectivas aulas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\" style=\"font-size:16px\">Con todo, esa ma\u00f1\u00e1 cando conseguimos un consenso de tranquilidade case perfecto, a Madre Nieves dixo que ese San Jos\u00e9 de Calasanz non o celebrariamos. Escoitouse un desalento sonoro como o bufido dun animal farto de golpes e algunha das maiores, preguntou: \u00abPor que?\u00bb. A resposta naturalmente xa a sabiamos: \u00abPorque si\u00bb. Sempre respond\u00edan con esa pedagox\u00eda de lambebandeiras fascistoide. O asunto \u00e9 que o sentido de inxustiza e desilusi\u00f3n estendeuse dunha fila a outra, coma se no canto de hormonas tiv\u00e9semos p\u00f3lvora. Os murmurios f\u00f3ronse alzando e o chifre da Madre Nieves fund\u00edase cos berros das nenas maiores, as de oitavo, as adolescentes. Non lembro moito m\u00e1is, ag\u00e1s que decid\u00edn sentarme coas mozas que se negaron a entrar nas aulas e sentaron no chan. Quedei con elas porque algunhas eran distintas, ti\u00f1an o pelo curto, os calcet\u00edns ca\u00eddos, non levaban pendentes, nin usaban sost\u00e9n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\" style=\"font-size:16px\">Daquela a Madre Nieves agarrou a unha nena moi alta e t\u00edmida que se chamaba&nbsp;<strong>Luisa<\/strong>, polo brazo dereito, obrig\u00e1ndoa a cami\u00f1ar. Pero a rapariga zafouse dunha cotenada e gritoulle unha burrada \u00e1 monxa, mentres choraba con rabia ata que conseguiron arrastrala cara \u00e1 s\u00faa aula. O intercambio entre a monxa e Luisa, unha rapaza retra\u00edda que case non falaba con ningu\u00e9n, debeu impactarme pola s\u00faa violencia, pois corenta anos m\u00e1is tarde a recordo cunha claridade inusitada. Quedamos como quince ou vinte nenas. As maiores ti\u00f1an 13 ou 14 anos e as pequenas ti\u00f1amos 10 ou 11. Foi a primeira sentada da mi\u00f1a vida.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\" style=\"font-size:16px\">O roubo de nosa d\u00eda de festividade, \u00abporque si, porque podo\u00bb e a valente reacci\u00f3n das maiores, foi a pinga que colmou o vaso de respostas inxustas e absurdas. Despois daquilo tivemos que pasar toda a fin de semana indo ao colexio. De 9 a 6 da tarde fix\u00e9ronnos estar de p\u00e9 nunha baldosa determinada, coas mans na cabeza, distribu\u00eddas polos corredores de toda a escola. Deix\u00e1ronnos comer os nosos bocadillos, pero non nos fixeron estudar, nin ler, nin nada produtivo. S\u00f3 estar de p\u00e9, como prisioneiros de guerra. Recordo que unha monxa pasaba de cando en vez a vixiarnos e nunha ocasi\u00f3n unha compa\u00f1eira burlouse dela, fac\u00e9ndolle acenos coma se fose unha mona, sen darse conta de que os seus xestos v\u00edanse perfectamente reflectidos nas portas de cristal que pechaban o corredor. A monxa anoxouse coma se lle vomitase enriba e f\u00edxoa axeonllarse cos brazos en aspas e en cada palma da man plantoulle unha Biblia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\" style=\"font-size:16px\">Escr\u00edboo e c\u00fastame crelo, pero xuro que foi as\u00ed. A nena mant\u00edvose nesa pose, ata que a monxa se foi e as Biblias caeron e sent\u00e1monos no chan mortas de risa. Foi un castigo franquista. Non lembro que opini\u00f3n de todo isto tiveron os meus pais. Sei que a pap\u00e1 molestoulle terriblemente ter que madrugar a fin de semana para levarme en coche ata San Pedro de Visma, pero non me dixo moito m\u00e1is. Non me rifou, pero tampouco me deu unha palmadi\u00f1a nas costas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\" style=\"font-size:16px\">Un ano m\u00e1is tarde tocoume facer a primeira comu\u00f1\u00f3n, ir a clases de catecismo a escoitar contos de fadas p\u00e9simos. O caso \u00e9 que a mi\u00f1a nai deume a opci\u00f3n de facer a comu\u00f1\u00f3n vestida de monxa ou de noiva. Tam\u00e9n me dixo que se fose neno pod\u00eda ir vestida de mari\u00f1eiro. Non entend\u00edn de quen \u00eda eu a ser noiva e o de monxa tampouco me fac\u00eda graza. As\u00ed que, a\u00ednda que non quer\u00eda ser un neno, pensei que si quer\u00eda ser mari\u00f1eiro. Fac\u00eda tempo que no porto da Coru\u00f1a vira a un rapaz despeiteado cunha gorra de grumete, un pantal\u00f3n de pana sucio e un xersei de pescozo alto. Desde ent\u00f3n esa era a mi\u00f1a idea da despreocupaci\u00f3n, a liberdade e a comodidade. Quer\u00eda facer a comu\u00f1\u00f3n vestida como ese mari\u00f1eiro.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\" style=\"font-size:16px\">Por suposto, a mi\u00f1a ilusi\u00f3n non me durou nin unha tarde. No momento que lle expliquei os meus pesares \u00e1 mi\u00f1a nai, enseguida comezou a rir a gargalladas. Non s\u00f3 era eu unha inxenua, sen\u00f3n que o de ir de mari\u00f1eiro en realidade era ir de \u00abalmirante ou de capit\u00e1n\u00bb e que s\u00f3 os nenos pod\u00edan vestirse con ese uniforme. As nenas non podiamos ser capit\u00e1s de nada. Facer a comu\u00f1\u00f3n vestida de monxa par\u00e9ceme un dos travestismos m\u00e1is subversivos das moitas performances que tiven que facer na mi\u00f1a vida.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\" style=\"font-size:16px\">Pasaron os anos e continuei co meu proceso inconsciente de desfranquizaci\u00f3n. A idea m\u00e1is dr\u00e1stica que se me ocorreu foi cruzar un oc\u00e9ano e po\u00f1er distancia entre o perl\u00e9, as monxas, os almirantes e a mi\u00f1a persoa. Pero nin por esas, porque hai abecedarios que se che cravan dentro como o aire que levanta unha labazada e ao contrario que no bolero, a distancia non \u00e9 o esquecemento. Cando ao escribir isto penso no tecido arrabu\u00f1ador daqueles calcet\u00edns de gancho ou no chifre estridente da Madre Nieves, que debe andar atron\u00e1ndolle os t\u00edmpanos a&nbsp;<strong>Satan\u00e1s<\/strong>, non podo evitar lembrar o retrato do ditador que hab\u00eda en cada aula, ou po\u00f1ernos de p\u00e9 co \u00edmpeto de soldados rasos, ao un\u00edsono, todos os d\u00edas ao mediod\u00eda, \u00e1s 12 en punto, para rezar o \u00c1nxelus que nos \u00abnarraba\u00bb unha irm\u00e1 polos meg\u00e1fonos. Porque naquela escola das Escolapias onde s\u00f3 ensin\u00e1bannos a rezar e a cami\u00f1ar como cordeiras era das m\u00e1is modernas da cidade, dispo\u00f1\u00eda de tecnolox\u00eda en cada sal\u00f3n e tam\u00e9n de mestras absurdas, como a se\u00f1orita&nbsp;<strong>Victoria<\/strong>, a profe de ximnasia que era anor\u00e9xica e durante as clases fumaba como un borracho, mentres nos sosti\u00f1a polos pololos ou nos fac\u00eda dar pinchacarneiros laterais.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\" style=\"font-size:16px\">Ademais, era unha escola car\u00edsima, de uniforme e autob\u00fas, onde se impart\u00edan clases de ingl\u00e9s, franc\u00e9s ou xadrez, pero por suposto, non de galego. Un lugar onde estaba prohibido falar cos nenos do colexio do lado, ir despeiteada ou mascar chicle baixo a pena garantida de que a&nbsp;<strong>Madre Cristina<\/strong>&nbsp;che chantase a goma de mascar en metade da cabeleira. Unha educaci\u00f3n que custaba un di\u00f1eiral e que os meus pais pagaban con gusto, malgastando os seus d\u00edas en traballos disparatados para que os meus irm\u00e1ns e eu recib\u00edsemos aquela educaci\u00f3n tan fascista e moderna, tan de&nbsp;<strong>Alberto Closas<\/strong>&nbsp;e a s\u00faa Gran Familia numerosa, e poder as\u00ed chegar a ser espa\u00f1olitos de proveito, almirantes, noivas ou monxas, e non parte do d\u00edxome-d\u00edxome de bichos raros e \u00abdo que dir\u00e1n\u00bb. Un adestramento tan efectivo que, honestamente, estame levando&nbsp;toda unha vida desfranquizarme. Malditos fascistas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Levo practicamente toda a vida desfranquiz\u00e1ndome. A mi\u00f1a primeira alerxia ao fascismo caus\u00e1ronma os calcet\u00edns de perl\u00e9. Non te\u00f1o idea de a quen se lle ocorreu a idea de facer medias de gancho con f\u00edo de algod\u00f3n. Un f\u00edo que previamente foi tratado con sosa c\u00e1ustica para que brille. Obrigar a unha criatura a levar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"featured_media":25807,"template":"","categories":[68,10],"class_list":["post-25688","stsp_text","type-stsp_text","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","category-issue-34","category-prosa"],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v28.7 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>A mi\u00f1a desfranquizaci\u00f3n - stadtsprachen<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/stadtsprachen.de\/en\/text\/a-mina-desfranquizacion\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"en_US\" \/>\n<meta property=\"og:locale:alternate\" content=\"de_DE\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"A mi\u00f1a desfranquizaci\u00f3n - stadtsprachen\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"Levo practicamente toda a vida desfranquiz\u00e1ndome. A mi\u00f1a primeira alerxia ao fascismo caus\u00e1ronma os calcet\u00edns de perl\u00e9. Non te\u00f1o idea de a quen se lle ocorreu a idea de facer medias de gancho con f\u00edo de algod\u00f3n. Un f\u00edo que previamente foi tratado con sosa c\u00e1ustica para que brille. Obrigar a unha criatura a levar [&hellip;]\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/stadtsprachen.de\/en\/text\/a-mina-desfranquizacion\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"stadtsprachen\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/Stadtsprachen\" \/>\n<meta property=\"article:modified_time\" content=\"2026-04-24T11:15:46+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/stadtsprachen.de\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/eriel-suarez-Rthm2XMBi4s-unsplash-scaled.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"2560\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"1536\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@stadtsprachen\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Est. reading time\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"10 minutes\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/stadtsprachen.de\\\/en\\\/text\\\/a-mina-desfranquizacion\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/stadtsprachen.de\\\/en\\\/text\\\/a-mina-desfranquizacion\\\/\",\"name\":\"A mi\u00f1a desfranquizaci\u00f3n - stadtsprachen\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/stadtsprachen.de\\\/de\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/stadtsprachen.de\\\/en\\\/text\\\/a-mina-desfranquizacion\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/stadtsprachen.de\\\/en\\\/text\\\/a-mina-desfranquizacion\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/stadtsprachen.de\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/04\\\/eriel-suarez-Rthm2XMBi4s-unsplash-scaled.jpg\",\"datePublished\":\"2026-04-23T12:20:00+00:00\",\"dateModified\":\"2026-04-24T11:15:46+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/stadtsprachen.de\\\/en\\\/text\\\/a-mina-desfranquizacion\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"en-US\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/stadtsprachen.de\\\/en\\\/text\\\/a-mina-desfranquizacion\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"en-US\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/stadtsprachen.de\\\/en\\\/text\\\/a-mina-desfranquizacion\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/stadtsprachen.de\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/04\\\/eriel-suarez-Rthm2XMBi4s-unsplash-scaled.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/stadtsprachen.de\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/04\\\/eriel-suarez-Rthm2XMBi4s-unsplash-scaled.jpg\",\"width\":2560,\"height\":1536},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/stadtsprachen.de\\\/en\\\/text\\\/a-mina-desfranquizacion\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Startseite\",\"item\":\"https:\\\/\\\/stadtsprachen.de\\\/de\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Texts\",\"item\":\"https:\\\/\\\/stadtsprachen.de\\\/en\\\/text\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":3,\"name\":\"A mi\u00f1a desfranquizaci\u00f3n\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/stadtsprachen.de\\\/de\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/stadtsprachen.de\\\/de\\\/\",\"name\":\"stadtsprachen\",\"description\":\"\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/stadtsprachen.de\\\/de\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/stadtsprachen.de\\\/de\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"en-US\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/stadtsprachen.de\\\/de\\\/#organization\",\"name\":\"stadtsprachen\",\"url\":\"https:\\\/\\\/stadtsprachen.de\\\/de\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"en-US\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/stadtsprachen.de\\\/de\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/stadtsprachen.de\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2021\\\/02\\\/cropped-logo_stadtsprachen_taubenblau.png\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/stadtsprachen.de\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2021\\\/02\\\/cropped-logo_stadtsprachen_taubenblau.png\",\"width\":512,\"height\":512,\"caption\":\"stadtsprachen\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/stadtsprachen.de\\\/de\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/www.facebook.com\\\/Stadtsprachen\",\"https:\\\/\\\/x.com\\\/stadtsprachen\",\"https:\\\/\\\/www.instagram.com\\\/berlinerliterarischeaktion\\\/\",\"https:\\\/\\\/mastodon.social\\\/@BerlinerLiterarischeAktion\"]}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"A mi\u00f1a desfranquizaci\u00f3n - stadtsprachen","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/stadtsprachen.de\/en\/text\/a-mina-desfranquizacion\/","og_locale":"en_US","og_type":"article","og_title":"A mi\u00f1a desfranquizaci\u00f3n - stadtsprachen","og_description":"Levo practicamente toda a vida desfranquiz\u00e1ndome. A mi\u00f1a primeira alerxia ao fascismo caus\u00e1ronma os calcet\u00edns de perl\u00e9. Non te\u00f1o idea de a quen se lle ocorreu a idea de facer medias de gancho con f\u00edo de algod\u00f3n. Un f\u00edo que previamente foi tratado con sosa c\u00e1ustica para que brille. Obrigar a unha criatura a levar [&hellip;]","og_url":"https:\/\/stadtsprachen.de\/en\/text\/a-mina-desfranquizacion\/","og_site_name":"stadtsprachen","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/Stadtsprachen","article_modified_time":"2026-04-24T11:15:46+00:00","og_image":[{"width":2560,"height":1536,"url":"https:\/\/stadtsprachen.de\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/eriel-suarez-Rthm2XMBi4s-unsplash-scaled.jpg","type":"image\/jpeg"}],"twitter_card":"summary_large_image","twitter_site":"@stadtsprachen","twitter_misc":{"Est. reading time":"10 minutes"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/stadtsprachen.de\/en\/text\/a-mina-desfranquizacion\/","url":"https:\/\/stadtsprachen.de\/en\/text\/a-mina-desfranquizacion\/","name":"A mi\u00f1a desfranquizaci\u00f3n - stadtsprachen","isPartOf":{"@id":"https:\/\/stadtsprachen.de\/de\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/stadtsprachen.de\/en\/text\/a-mina-desfranquizacion\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/stadtsprachen.de\/en\/text\/a-mina-desfranquizacion\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/stadtsprachen.de\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/eriel-suarez-Rthm2XMBi4s-unsplash-scaled.jpg","datePublished":"2026-04-23T12:20:00+00:00","dateModified":"2026-04-24T11:15:46+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/stadtsprachen.de\/en\/text\/a-mina-desfranquizacion\/#breadcrumb"},"inLanguage":"en-US","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/stadtsprachen.de\/en\/text\/a-mina-desfranquizacion\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"en-US","@id":"https:\/\/stadtsprachen.de\/en\/text\/a-mina-desfranquizacion\/#primaryimage","url":"https:\/\/stadtsprachen.de\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/eriel-suarez-Rthm2XMBi4s-unsplash-scaled.jpg","contentUrl":"https:\/\/stadtsprachen.de\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/eriel-suarez-Rthm2XMBi4s-unsplash-scaled.jpg","width":2560,"height":1536},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/stadtsprachen.de\/en\/text\/a-mina-desfranquizacion\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Startseite","item":"https:\/\/stadtsprachen.de\/de\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Texts","item":"https:\/\/stadtsprachen.de\/en\/text\/"},{"@type":"ListItem","position":3,"name":"A mi\u00f1a desfranquizaci\u00f3n"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/stadtsprachen.de\/de\/#website","url":"https:\/\/stadtsprachen.de\/de\/","name":"stadtsprachen","description":"","publisher":{"@id":"https:\/\/stadtsprachen.de\/de\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/stadtsprachen.de\/de\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"en-US"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/stadtsprachen.de\/de\/#organization","name":"stadtsprachen","url":"https:\/\/stadtsprachen.de\/de\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"en-US","@id":"https:\/\/stadtsprachen.de\/de\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"https:\/\/stadtsprachen.de\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/cropped-logo_stadtsprachen_taubenblau.png","contentUrl":"https:\/\/stadtsprachen.de\/wp-content\/uploads\/2021\/02\/cropped-logo_stadtsprachen_taubenblau.png","width":512,"height":512,"caption":"stadtsprachen"},"image":{"@id":"https:\/\/stadtsprachen.de\/de\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.facebook.com\/Stadtsprachen","https:\/\/x.com\/stadtsprachen","https:\/\/www.instagram.com\/berlinerliterarischeaktion\/","https:\/\/mastodon.social\/@BerlinerLiterarischeAktion"]}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/stadtsprachen.de\/en\/wp-json\/wp\/v2\/stsp_text\/25688","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/stadtsprachen.de\/en\/wp-json\/wp\/v2\/stsp_text"}],"about":[{"href":"https:\/\/stadtsprachen.de\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/stsp_text"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/stadtsprachen.de\/en\/wp-json\/wp\/v2\/stsp_text\/25688\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":25905,"href":"https:\/\/stadtsprachen.de\/en\/wp-json\/wp\/v2\/stsp_text\/25688\/revisions\/25905"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/stadtsprachen.de\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/25807"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/stadtsprachen.de\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25688"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/stadtsprachen.de\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25688"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}